martes, 21 de enero de 2014

ACTIVIDADES DE 6ºB NO SEGUNDO TRIMESTRE

1- MINERAIS

Aproveitando coleccións persoais de minerais repasamos conceptos traballados en Coñecemento do Medio.









2- EXPOSICIÓN SOBRE A SOSTIBILIDADE.


Invitáronnos a visitar uns paneis na casa da cultura, ao tempo que vimos dúas películas. Despois coa información recollida fixemos unha exposición na clase.









2- O ENTROIDO

Disfrazámonos de Época Medieval e danzamos no patio.













4- DÍA DO PAI.

Para os nosos país realizamos un bonito portarretrato con pizarra e unha fermosa tarxeta de felicitación.























5- CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN DE INCENDIOS.

Concienciámonos da importancia da prevención dos incendios.







6- PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.

Aprendimos moito sobre nutrientes e disfrutamos dun sabroso bocata.









7- PLANTACIÓN DE ÁRBORES .

Plantamos una faia,trataremos de coidala e de seguirlle a pista.







 
 
 
8- AS  PORTADAS DAS NOSAS FICHAS
 
 



 
 
 
 
9- MARCAPÁXINAS DE PIZARRA.


Realizamos estes bonitos marcapáxinas con pizarra, aneis e pulseras; a súa venda  permitenos sacar algún "dinerillo" para a nosa excursión de fin de primaria a Cantabria.











10- CHARLA DE EDUCACIÓN VIAL








11- COÑECEMOS ALIMENTOS DA CULTURA INGLESA.


Da man da nosa profe Maite coñecemos alimentos da cultura inglesa, como o xarope  de arce.







12- CHARLA E FIRMA DE LIBROS DA AUTORA.


No segundo trimestre traballamos co libro: " A ánfora exicia " de An Alfaya.











13- SAÍDA AO CONTORNO.


A profesora Silvia que agora traballa no cole de Villoria , invitounos para ver una incubadora de poliños que tiña na súa aula, e de camino...
Primeiro entramos en Caixa Galicia para cobrar un cheque; regaláronnos unhas camisetas que levaremos á excursión.
 Despois vimos a placa do Concello que indica a altitude e latitude de O Barco.
 A continuación tamén contemplamos a placa conmemorativa da Ponte de San Fernando.
Por fin chegamos ao cole de Villoria, gustaronnos moito os poliños e a experiencia.
De volta, recordamos  o noso estudo das árbores e animais.   
































O CURSO DE 6º B EXPERIMENTA COA CIENCIA

Durante este trimestre o curso de 6º B  realiza diversos experimentos relacionados coa área de Coñecemento do Medio, os cales, se recollen a continuación no seguinte vídeo. Esperamos que sexan do agrado de todos vós.